El día 27 de febrero se inauguró en el Centro Cultural Marcos Valcárcel la exposición de Herikberto Quesada.

CREANDO ESPECIES Herikberto Quesada del 27 de febrero a el 5 de abril

«Herikberto Quesada (Ourense, 1958) preséntanos unha exposición froito do traballo de 20 anos no que o artista deseña “posibles especies” que xurdirían froito dunha evolución diferente ou, incluso, nun espazo físico diferente ao noso.
Esas especies creadas no maxín de Herikberto plásmanse en pinturas, traballos dixitais e esculturas dunha beleza e plasticidade extraordinarias. Este creador –que ten cultivado con gran éxito e recoñecemento internacional sectores coma o cómic, deseño cinematográfico ou audiovisual- foi artista precoz que con 18 anos amosou a súa obra na galería Juana Mordó, unha das máis relevantes do panorama artístico español.»